17 de agosto de 2020

CEGASAL RECOÑECE A ESTREITA COLABORACION DA DIRECCION XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE E DO CONCELLO DE CARBALLO

 

Cegasal  comunicalle á Direccion xeral de maiores e persoas con discapacidade e ó Concello de Carballo  que foron premiados cun dos nosos galardóns anuais «pola súa aposta decidida pola economía social». Un apoio que no seu caso se traduce na estreita colaboración laboral que manteñen con algúns dos nosos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro. Neste senso, foron varias as circunstancias positivas que o noso xurado tivo en conta á hora de distinguir a estas duas administracións como as máis destacadas deste ano.
A entrega dos Premios Cegasal coincide tamén coa do Premio Xornalístico, distincións que creamos fai xa catro anos para homenaxear ás institucións, empresas e medios de comunicación máis solidarios co mundo da discapacidade.

Categorías
, ,

Los comentarios están cerrados.