25 de Abril de 2017

A Deputación da Coruña fará un catálogo de necesidades para reservar carga de traballo aos centros especiais de emprego

  • O presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez, reuniuse esta mañá co presidente da Deputación coruñesa para presentarlle o catálogo de empresas que conforman a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro.

 

José Luis García, diputado provincial de Emprego; Valentín González Formoso, presidente Deputación A Coruña, e José Antonio Vázquez Freire, presidente de Cegasal.

José Luis García, diputado provincial de Emprego; Valentín González Formoso, presidente Deputación A Coruña, e José Antonio Vázquez Freire, presidente de Cegasal

 A Coruña, 24 de abril de 2017. O presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), José Antonio Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e o deputado provincial de Emprego, José Luis García.

Durante o encontro, o presidente da Deputación mostrou o seu compromiso coa economía social e comprometeuse, na medida das necesidades do Concello, a dotar de carga de traballo aos centros especiais de emprego de Cegasal. De feito, na reunión acordouse elaborar nas próximas semanas unha guía detallada das necesidades da Deputación que lles permita colaborar coas empresas que conforman Cegasal.

O encontro enmarcouse dentro da xira de contactos institucionais e empresariais que está a facer a asociación para dar a coñecer o seu labor, que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade. Na actualidade Cegasal conta con 18 centros especiais de emprego, na súa maior parte na provincia da Coruña, que abarcan máis de 14 sectores produtivos como artes gráficas, alimentación, recollida de residuos, xardinería ou atención sociosanitaria, entre outros.

 

Cabe destacar que as institucións e organismos públicos están obrigados por lei a facer unha reserva de emprego para persoas con discapacidade de entre o 3 e o 5%, mentres que nas empresas de máis de 50 traballadores en persoal a reserva é do 2%.

 

A Asociación Empresarial Galega sen Ánimo de Lucro

Cegasal é a asociación empresarial galega de carácter multisectorial de iniciativa social que integra iniciativas empresariais que comparten os principios orientadores da economía social. Os centros especiais de emprego de iniciativa social apostan por facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade, cuxa taxa de paro elévase ao 70%.

Desta forma, a asociación funciona como xeradora de oportunidades de emprego, formación e desenvolvemento de servizos para as persoas con discapacidade, cuxa taxa de actividade laboral é menor comparada co resto da sociedade. Unha situación que se quere cambiar a través do traballo realizado por Cegasal, cuxos centros especiais de emprego facturaron no seu conxunto o pasado 2015 un total de 25 millóns de euros e deron emprego a máis de 1.300 persoas.

Categorías
,

Os comentarios están pechados.