16 de Xaneiro de 2019

A Deputación reúne ao sector empresarial para sumalo ao proxecto dun centro de referencia

16012019 la region_001

A provincia de Ourense toma a dianteira para acoller un centro galego de referencia en Formación Profesional. A Deputación deu onte un paso á fronte ao convocar ao colectivo empresarial ourensán e galego para avanzar nun proxecto estratéxico liderado polo presidente do ente provincial, Manuel Baltar. O Centro de Innovación  Galego de FP nacería con vocación de ser referente en Galicia.

A sala de xuntas do Pazo Provincial acolleu a empresarios e asociacións de grandes empresas para avaliar as vantaxes de implantar este centro referente de FP na provincia: Copasa, Grupo Coren,  Unvi,  Cogesa, Grupo Cuevas,  Plexus, Redegal, Aníbal Branco,  Abanca, Grupo A Rexión,  Cegasal, as confederacións empresariais de Ourense e Pontevedra, o Círculo de Empresarios de Pontevedra, a Asociación de  Pizarreiros, ANFACO- Asociación Nacional de fabricantes de Conservas e o Círculo de Empresarios de Vigo.

Así, deuse un importante primeiro paso aglutinando o apoio de sectores básicos como construción, servizos financeiros, novas tecnoloxías, economía social, automoción e fabricación de pezas, loxística e transporte, industria agroalimentaria e industria extractiva.

A resposta “non puido ser máis favorable”, destacou Baltar, ao coincidir todos en que a FP supón unha “panca” para atopar emprego, cun 76,5 % de inserción laboral. Tras analizar os datos, queda patente que tan só hai tres ofertas formativas actuais ligadas á FP Dual (formación teórica máis práctica nas empresas).

Categorías

Os comentarios están pechados.