26 de Agosto de 2016

A Radio Galega entrevista ao presidente de Cegasal

José Antonio Vázquez participou na entrevista radiofónica emitida no programa Convivir en Igualdade do xoves.

Na entrevista, José Antonio Vázquez transmitiu que co apoio da Xunta de Galicia, a través da orde de axudas publicada recentemente, permítese manter os postos de traballo de preto de 2.000 persoas con discapacidade na comunidade.

A orde de axudas financia, parcialmente, ata o 50% do salario mínimo interprofesional dos postos de traballo de persoas con discapacidade nos 114 centros especiais de emprego inscritos no rexistro administrativo galego.

O presidente de Cegasal resumiu o traballo que a organización leva realizando de cara a visibilizar este tipo de empresas de economía social coa finalidade de incrementar as taxas de emprego do grupo social de persoas con discapacidade.

 

Categorías

Deixa unha resposta