14 de Febreiro de 2017

A Xunta aumenta axudas aos centros de emprego

Reunión do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco Conde, e o Presidente de Cegasal, D. José Antonio Vázquez

 

 

O Diario Atlántico, domingo 12 de febreiro de 2017, trae a noticia sobre a reunión mantida entre o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o Presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez.

No encontro, Francisco Conde matizou que o orzamento da Xunta para apoiar aos centros especiais de emprego crece este ano un 18% con respecto ao 2016, ata os 12,2 millóns de euros.

 

 

Atlántico – Euro, 12.02.2017

Categorías

Deixa unha resposta