31 de Outubro de 2019

A Xunta reforza a súa aposta pola economía social destinando un 33% máis en 2020 ó impulso de empleo e a formación neste ámbito

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe nun encontro con representantes do Foro pola Economía Social Galega, que está integrado polas organizacións máis representativas do sector, que a Xunta reforza a súa aposta pola economía social incrementando nun 33% o orzamento para 2020 neste ámbito, ata chegar a máis de 27 millóns de euros.

A reunión serviu para intercambiar propostas e avaliar novas vías de colaboración para seguir fortalecendo un sector que en Galicia aglutina a 3000 entidades e emprega a 15.000 persoas, representando un 10% do PIB. Así, Conde trasladoulles que ao longo do ano que vén poñeranse en marcha diferentes medidas para impulsar as cooperativas, as sociedades laborais, os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral.

Categorías
,

Os comentarios están pechados.