04 de Febreiro de 2016

Aberta a Convocatoria VIII edición Premio Integra de BBVA

Os Premios Integra de BBVA en su VIII edición abren convocatoria ata o luns 29 de febreiro ás 17:00 horas

Por oitavo ano consecutivo, BBVA convoca este premio dedicado a recoñecer iniciativas innovadoras que fomenten a integración sociolaboral de persoas con discapacidade en España. Algúns dos centros especiais de emprego asociados en convocatorias anteriores resultaron gañadoras.

Consulta a inforamción e as distintas categorías de Premios convocados na dirección www.premiointegrabbva.es

Categoría A: Premio Integra de BBVA

Recoñecemento á traxectoria dunha entidade ou iniciativa consolidada, que poida achegar resultados demostrables, experiencia e percorrido na xeración de valor e de calidade no emprego para as persoas con discapacidade. Deberá achegar, así mesmo, unha liña de emprendemento social.

Traxectoria mínima da organización: 5 anos.

Traxectoria mínima da liña de emprendemento : 2 anos.

Categoría B: Premio impulso á consolidación e desenvolvemento futuro de iniciativas de emprendemento social

Apoio e impulso á consolidación e desenvolvemento futuro de iniciativas de emprendemento social xeradoras de emprego para persoas con discapacidade.

Traxectoria mínima da iniciativa: 2 anos.

Categorías

Deixa unha resposta