09 de Abril de 2019

Acciona únese á Rede Cegasal Inclúe por unha cultura empresarial inclusiva

• O proxecto que impulsou  Cegasal fai xa máis dun ano continúa co seu labor de dar visibilidade ás empresas ou entidades comprometidas co colectivo de persoas con discapacidade, que apostan por unha sociedade máis integradora e xusta.

Centro especial de empleo acciona 1A Rede  Cegasal Inclúe naceu da idea de que unha política empresarial diferente é posible e, desde o primeiro día, un dos seus principais obxectivos é converterse nun punto de encontro e colaboración de empresas e entidades que manteñen un compromiso coa sociedade na que viven. Desta forma, pretende dar visibilidade a aquelas firmas referentes en Galicia que, grazas ao seu bo facer e ao seu compromiso coa igualdade de oportunidades, contribúen ao cambio social.  Este é o caso da nova incorporación: ACCIONA  Service.
O negocio de servizos urbanos e  medioambiente de ACCIONA está especializado en tarefas de limpeza, mantemento e conservación de espazos  púbicos. A compañía aposta pola aplicación de procedementos de última xeración para maximizar a eficiencia dos servizos que presta.  E o seu compromiso polo desenvolvemento sustentable inclúe a inclusión socio-laboral a través dos seus propios centros especiais de emprego.
Así, en 2011 creou a sociedade ACCIONA  Facility  Services Emprego Social,  S. L. coa meta de dar un paso máis cara á inserción laboral das persoas con discapacidade, contribuíndo ao incremento da sensibilización social, á integración socio-laboral e á igualdade de oportunidades.

As boas prácticas levadas a cabo polo persoal deste centro especial de emprego conseguen que, de maneira diaria, rompan prexuízos sociais e póñanse en valor as capacidades laborais das persoas con discapacidade.

09042019_001 09042019_002 09042019_003

 

Categorías

Os comentarios están pechados.