12 de Novembro de 2019

Almorzo informativo cos concellos da Costa da Morte

Mañá, as 10h, en Carballo, temos o pracer de contar cos máximos representantes políticos dos concellos da Costa da Morte para buscar fórmulas para fomentar a integración das persoas con discapacidade no mercado laboral.

Contaremos coa presenza de Elena Barba Pan, secretaria da xunta consultiva da Xunta de Galicia para aclarar todas as posibles dúbidas que xorden a hora de licitar a contratos reservados a centros especiais de emprego ou incluir cláusulas sociais. Ademais, estará presente o presidente de CEGASAL, Jose Antonio Vazquez, o vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo e o administrador de Mais Porvir, Adolfo López Baña.

Categorías
,

Os comentarios están pechados.