27 de Decembro de 2017

Ampliación orzamento destinado aos centros especiais de emprego

Amplíanse os orzamentos destinados ás axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade.

O diario oficial galego publicou recentemente as ampliacións de crédito que se destinarán en cada anualidade para os programas ( TR341 K) relativo ás axudas pola contratación de unidades de apoio, a relativa ás axudas dirixidas á creación e ampliación ou adaptación de postos de traballo ( TR341E/ N) así como o programa de subvencións ao custo salarial que conta co código de procedemento TR341M.

Aínda que esta ampliación non afecta o prazo de presentación supón adecuar as partidas cun incremento para o seguintes programa de:

Programa I de axudas ás unidades de apoio á actividade profesional: 200.000 € para a anualidade 2017 e 150.000 € para a anualidade 2018.

Programa III de axudas ao custo salarial: 1.183.000 € para a anualidade 2017 e 1.877.000 para a anualidade 2018.

Ligazón a orde

Categorías

Os comentarios están pechados.