16 de Xuño de 2017

ANUNCIO DE LICITACIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA – CONTRATO RESERVADO

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017. O concello de Santiago de Compostela anuncia licitación pública para a explotación da cafetería situada en Granxa do Xesto, contrato reservado a centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral, de acordo coa Disposición Adicional 5ª do TRLCSP (Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público).

En consonancia cos principios da contratación socialmente responsable previstos na normativa autonómica, estatal e europea, o Servizo de Contratación do Concello de Santiago de Compostela publica hoxe, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP n. 113), a licitación por procedemento aberto, para a explotación da cafetería de Granxa do Xesto.

As proposicións poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello (c/ Presidente Salvador Allende, n.º 4, CP 15705 Santiago de Compostela), entre as 9.00 e as 14.00 horas, dentro do prazo de 30 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

BOP n. 113, 16-06-2017

 

Categorías
,

Os comentarios están pechados.