17 de Novembro de 2016

‘APP’ FEACEM Core

‘APP’ FEACEM Core é a aplicación móbil que facilita información dos Centros Especiais de Emprego asociados a FEACEM en España

(Valladolid, 17 de novembro)

Feacem presentou esta mañá en Castilla e León o resultado do proxecto “FEACEM Core” enmarcado no convenio que subscribiu coa Fundación Vodafone España e CERMI que consistiu na creación dunha aplicación de información e contacto con todos os seus centros especiais de empreg asociados.

feacem-coreTrátase dunha ferramenta de busca do catálogo de CEE de FEACEM para que empresas e usuarios, poidan buscar baixo diversos criterios, centros especiais de emprego dependentes de FEACEM.

Dito aplicativo permite a xeocalización de cada centro e presenta os produtos e servizos que se elaboran e realizan en cada unha das iniciativas, e ofrece oportunidades para a mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade.

Varios CEE asociados a Cegasal están presentes neste aplicativo e a nosa organización colabora na actualización de datos do aplicativo.

Categorías

Deixa unha resposta