15 de Decembro de 2016

APP FEACEM CORE fonte de información sobre centros especiais de emprego

Dende a presentación da aplicación móbil FEACEM CORE que tivo lugar en Valladolid o pasado mes de novembro, o numero de descargas vai en aumento

feacem-coreFEACEM CORE é a aplicación móbil que permite as persoas usuarias acceder ao catálogo de centros especiais de emprego, nos que están incluídos os centros especiais de emprego asociados a Cegasal membros de Feacem.

A Federación Española de Asociacións de Centros Especiais de Emprego (FEACEM) desenvolveu xunto coa Fundación Vodafone e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI),  este aplicativo que permite filtrar a información segundo varios criterios.

Na presentación incidiuse que os centros especiais de emprego son un potencial de empresas xeradoras de emprego para persoas con discapacidade que atopan máis dificultades á hora de acceder ao emprego na empresa ordinaria, e que contribúe ao desenvolvento local da comunidade.

Cegasal forma parte de Feacem como entidade autonómica que agrupa aos centros especiais de emprego de iniciativa social galegos e convídate a participar a través da descarga desta APP FEACEM CORE (android e IOS) , na rede de colaboración para seguir incrementando a cadea de valor que mellora a competitividade e a responsabilidade social das empresas.

Infórmate!

A descarga está dispoñible a través de Google Play! tanto para Android como para iOS.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.feacem.ilunion.feacemapp

Categorías

Deixa unha resposta