Aviso legal

O Aviso Legal de www.cegasal.com ten por obxecto dar cumprimento á obriga de información que o artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico impón a todo prestador de servizo, así como establecer as regras de uso do sitio web que resultarán de aplicación a todos os usuarios como consecuencia da utilización do mesmo.

O presente Aviso Legal regula a utilización dos servizos da sociedade de información que CEGASAL pon a disposición dos usuarios da rede Internet a través do sitio web.

Informámoslles tamén que este sitio non admite publicidade.

 

Condicións xerais de uso do sitio web

Todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual do sitio web www.cegasal.com son propiedade da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (CEGASAL), ou no seu caso de terceiras persoas.

CEGASAL é unha entidade sen ánimo de lucro con domicilio na rúa Modesto Brocos nº7, Baixo, 15.704 Santiago de Compostela (A Coruña – España – Europa), e con CIF G-15616287, correo electrónico info@cegasal.com e teléfono +34 981 574 698.

A persoa usuaria poderá visualizar os elementos do sitio web e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico, a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, por tanto, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa distribución, así como a súa modificación, alteración ou descompilación.

A fin de axudarlle a atopar información adicional, incluímos ligazóns que permiten á persoa usuaria acceder a outras Webs (en diante, “Sitios Enlazados”). Nestes casos, CEGASAL actúa como un prestador de servizos de intermediación, segundo o disposto no artigo 17 da LSSI. De acordo co previsto na citada norma, CEGASAL non será responsable dos servizos e contidos facilitados a través dos Sitios Enlazados, salvo que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non desactivase a ligazón coa debida dilixencia.

En ningún caso a existencia de Sitios Enlazados comporta recomendación, promoción, identificación ou conformidade de CEGASAL coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados a través dos Sitios Enlazados. En consecuencia, CEGASAL non se fai responsable do contido dos Sitios Enlazados, nin das súas condicións de uso e políticas de privacidade, sendo a persoa usuaria o único responsable de comprobalos e aceptalos cada vez que acceda e use os mesmos.

CEGASAL resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu sitio web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu sitio web.