10 de Xuño de 2019

Cegasal afronta o reto da dixitalización 4.0 nos seus centros de emprego de iniciativa social

  • A asociación aprobou a pasada semana na súa Asemblea Xeral Ordinaria, celebrada en Santiago de Compostela, as actividades para os próximos meses, destacando entre elas o reto da dixitalización e a posta en marcha de plans específicos de prevención de riscos.  anos para reflectir o quefacer diario destas persoas.  

 • Cegasal incrementa notablemente a presenza de mulleres na súa nova xunta directiva.

• A asociación levará por toda Galicia a exposición fotográfica na que se dá visibilidade ao traballo diario dun grupo de persoas con discapacidade, obra do fotógrafo coruñés Diego Silva.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2019. A Asociación de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro ( Cegasal) poñerá en marcha nos próximos meses talleres sobre dixitalización 4.0, orientados tanto á concienciación das empresas sobre a devandita modernización como ao diagnóstico de necesidades compartidas por varios centros dunha mesma actividade para conformar un proxecto tecnolóxico común. Así mesmo, o grupo que preside José Antonio Vázquez Freire seguirá organizando xornadas específicas de Prevención de Riscos Laborais para dar a coñecer ás empresas de iniciativa social e aos seus profesionais os riscos que poden existir nunha contorna de traballo mal acondicionado. Esta campaña de sensibilización conta co financiamento da secretaría xeral de Emprego @de la Xunta de Galicia. Estas son dous das principais accións que levará a cabo nos próximos meses Cegasal, cuxo plan de actuación global foi avanzado na Asemblea Xeral Ordinaria que tivo lugar a pasada semana en Santiago de Compostela. Co apoio unánime dos xerentes dos centros que conforman a asociación á axenda dos próximos meses, o seu presidente, Vázquez Freire, tamén fixo un repaso da actividade despregada en 2018, destacando o medio centenar de reunións con organizacións empresariais de Galicia, a presenza en eventos institucionais de primeira orde, os 42 encontros con representantes do tecido empresarial galego ou a posta en común das súas realidades cunha vintena de entidades sociais a nivel galego e nacional. Así mesmo, o presidente de Cegasal subliñou a importancia dos contactos directos mantidos cos representantes das diferentes administracións, “co obxectivo de que entre todos podamos garantir o cumprimento de carga de traballo aos centros especiais de emprego de iniciativa social tras os cambios esixidos na nova lei de contratación pública”. Os asistentes á Asemblea tamén apoiaron á nova xunta directiva na que se incrementou de forma notable a presenza de mulleres, e que queda da seguinte forma: José Antonio Vázquez (presidente), Manuel Santos (vicepresidente), Menchu Iglesias (vicepresidenta), Esther Blanco (secretaria), Silvia Alende (Tesoureira) e Rosa Gutiérrez, Herminio Martínez, Ignacio Rodríguez e Bernaldo López (vogais). Visibilizar e normalizar o emprego das persoas con discapacidade Por outra banda, os asistentes á asemblea deron o visto e prace á xira por toda Galicia da exposición fotográfica que mostra o día a día dun grupo de traballadores de varios centros especiais de emprego de Cegasal. Inaugurada recentemente na Deputación de Lugo, a mostra está composta por 24 imaxes do fotógrafo coruñés Diego Silva, quen dedicou varios anos para reflectir o quefacer diario destas persoas. Silva concibiu o traballo como unha reportaxe documental que reflectise o máis fielmente posible o labor que desenvolven estes traballadores. Vigo e Santiago de Compostela serán as seguintes cidades que albergarán a mostra, que ten como obxecto dar visibilidade e normalizar o emprego das persoas con discapacidade.

Categorías

Os comentarios están pechados.