29 de Novembro de 2016

Cegasal aposta pola colaboración co Grupo Carrefour

  • Persoal directivo de Carrefour trasladáronse xunto ao presidente de Cegasal á empresa Hornos de Lamastelle (Oleiros, A Coruña)

  • O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes e o director de XesGalicia, Juan María Cividanes, participaron na visita organizada por Cegasal

(Oleiros, 28 de novembro)
foto-visita-hornos-lamastelleHornos de Lamastelle ten como actividade principal a integración de persoas con discapacidade a través da fabricación de empanadas galegas en diferentes tamaños e formatos, que distribúe en Galicia e ao resto de España, e de produtos de repostería como a Tarta de Santiago. Actualmente da emprego a preto de 80 persoas das que un 95% teñen algún tipo de discapacidade.
Historicamente, Hornos de Lamastelle deuse a coñecer pola produción de empanadas artesanais dirixidas, inicialmente, a comercializarse nun mercado de proximidade. O seguinte paso, coa incorporación dos túneles de conxelado e de procesos produtivos mecanizados, permitiu un salto ao mercado nacional e internacional, ofrecendo un amplo abanico de produtos que permiten dar resposta ás diferentes necesidades do mercado como empanadas artesás e empanadas para grandes contas. O ano pasado, a empresa situada en Oleiros (A Coruña) facturou 2,8 millóns de euros.

Un dos principais clientes de Hornos de Lamastelle é Carrefour, en cuxos centros de Galicia, Asturias e tamén nalgúns puntos de venda de Castilla e León comercialízanse os seus produtos.

hornos-8Tras a visita, o director de Carrefour para Galicia e Asturias destacou as “posibilidades de colaboración” coa patronal de economía social, tanto a través da empresa como da Fundación. Neste sentido, e en relación á relación comercial que xa teñen con Hornos de Lamastelle, adiantou que “a nosa relación pode aumentar, tanto no ámbito xeográfico, para chegar a máis tendas, como no que se refire aos produtos que lles compramos”.

Por parte de Carrefour asistiron ás visitas organizadas durante o luns, ademais da directora da Fundación Solidariedade Carrefour, María Cid; o director rexional da empresa para Galicia e Asturias, Francisco Hipólito Rodríguez; o director de Produtos Frescos España, Anxo Monreal; o director de Compras de Produtos Frescos, Francisco Sánchez Ocerín; e o director de Carrefour Pontevedra, José Manuel Rodríguez Tarrío.

A nivel institucional, o Director xeral Marmotes, destacou a importancia do papel dos centros especiais de emprego de Galicia e puxo en valor o labor que desenvolven cada día para construír “unha Galicia máis xusta, solidaria e equitativa” , explicando que os preto de 110 centros deste tipo que existen na Comunidade galega promueven o emprego de calidade entre 2.000 persoas con discapacidade. Apuntou, así mesmo, que estas empresas son un exemplo de emprego inclusivo.

hornos-2O director xeral tamén sinalou a necesidade de impulsar unha maior formación entre estas persoas para que as súas capacidades e habilidades se poidan adaptar ás demandas que están fixando sectores estratéxicos e emerxentes da nova economía e de seguir consolidando o labor desenvolvido polos Centros Especiais de Emprego para incrementar o seu número e, polo tanto, os empregos asociados ao seu traballo.

Así mesmo, resaltou a importancia de traballar para que as empresas ordinarias sigan contratando a persoas con capacidades diferentes. “Temos que converter en algo normal que unha empresa ordinaria contrate a persoas con discapacidade e que todos xuntos, coa formación, co labor dos centros especiais e das empresas ordinarias consigamos esa verdadeira integración laboral e a plena igualdade de dereitos e oportunidades”

Categorías

Deixa unha resposta