11 de Decembro de 2014

Cegasal celebra a súa asemblea anual en Ourense

DSC_0008

 

 

 

 

 

Cegasal levou a cabo o pasado xoves 4 de decembro a Asemblea Xeral Ordinaria, na sede da Confederación Empresarial de Ourense, para dar conta das actividades da entidade durante o ano.

A xuntanza foi precedida por un acto de inauguración dirixido polo Presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire e contou coa presenza do Presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal e integrantes da súa equipa directiva.

En segunda convocatoria, daba comezo ás 12.30 horas a asemblea , na que se expplicou a memoria de xestión e o informe economico correspondente ao ano 2013, asi como a planificación de actividades e orzamento para o ano 2014, que mantén a liña continuísta primando a formación, a representatividade institucional e a promoción comercial das entidades integradas.

O presidente José Antonio Vázquez finalizou facendo unha reflexión co resto de xerencias de centros especiais de emprego asociados, indicando que Cegasal xa iniciou o camiño e que toca seguir traballando para alcanzar os fins comúns que identifican o labor de Cegasal.

Categorías

Deixa unha resposta