15 de Decembro de 2016

Cegasal colabora no estudo doutoral sobre os centros especiais de emprego en Galicia

A investigación pretende mostrar a realidade do sector do mercado protexido en Galicia como instrumento para que as persoas con discapacidade exerzan o seu dereito ao traballo e analiza a situación e evolución dos centros especiais de emprego galegos, como entidades da economía social, por mor da importancia e crecemento que estas entidades tiveron nos últimos anos como motor de creación e mantemento do emprego de persoas con discapacidade.
O doutorando Juan Torrelles Manent é o encargado de elaborar a tese doutoral que analizará a evolución económico financeira dos preto de 100 centros especiais de emprego rexistrados no Rexistro galego de centros especiais de emprego de Galicia nos que traballan unhas 2.000 persoas con discapacidade na comunidade, para o que iniciou a súa investigación coa consulta de documentación e información existente así a través da xeración de alianzas e colaboracións cos axentes do sector.
Cegasal ponse a disposición do señor Torrelles e colaborará co mesmo, ao considerar que é unha acción máis para recoñecer a contribución que a través dos centros especiais de emprego,  e en especial, daqueles considerados de iniciativa social e sen ánimo de lucro.

Categorías

Deixa unha resposta