28 de Marzo de 2016

Cegasal coñece de man do Conselleiro a Axenda 20 para o Emprego

O conselleiro de Econom’a, Emprego e Industria, Francisco Conde, manter‡ un encontro con representantes de Aeiga, Cermi e Cegasal, asociaci—ns que traballan a favor da inserci—n laboral das persoas con discapacidade e en risco de exclusi—n social, para informarlles sobre a Axenda 20 para o Emprego.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión cos presidentes e outros representantes da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi Galicia) e da Asociación de empresas de Inserción de Galicia (Aeiga). A reunión formou parte dos contactos que está a manter Conde para presentar aos distintos axentes e económicos a  Axenda 20 para o  Emprego co  propósito de escoitar as súas achegas e demandas.

Francisco Conde afirmou que se reforzarán as axudas ás empresas de inserción laboral e para a contratación de desempregados en risco de conclusión social e lembrou que xa se publicaron as convocatorias dos programas de integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e nos centros especiais de emprego.

Neste sentido, destacou que entre as 20 medidas que contén esta folla de ruta  inclúense preto de 68 millóns de euros ao programa Aprol de incentivos á contratación, especialmente ás persoas con discapacidade ou con especiais dificultades para a súa inserción laboral.

O titular de Economía destacou que a nova folla de rura do Goberno galego no ámbito laboral  promove a integración laboral e calidade no traballo das persoas con discapacidade  e en risco de exclusión social.

.

 

 

 

 

Categorías

Deixa unha resposta