24 de Setembro de 2015

Cegasal continúa o seu labor nos órganos de goberno da CEC

O presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, continúa a participar de modo activo nos diferentes órganos de dirección das entidades nas que está integrada Cegasal.

O mércores 23 de setembro foi un día dedicadoo a traballar co empresariado de Coruña, a raíz da condición de membro de José Antonio Vázquez nos órganos directivos da Confederación de Empresarios provincial.

Comité Executivo CEC Jose Antonio Vazquez Foron varias as cuestións plantexadas nas xuntanzas que trataron aspectos internos da organización, así como tamén, foi ofrecida información sobre cuestións de interese para os sectores empresariais e as liñas de actuación da entidade. Un dos órganos de dirección, o Comité Executivo da CEC incorporou oficialmente a José Antonio Vázquez, este mércores, polo que se realizou a foto de grupo correspondente.

José Antonio Vázquez pola súa parte, aproveitou a ocasión para demostrar e trasladar que a Economía Social ten entidade suficiente para estar representada nos axentes empresariais que marcan o rumbo da actividade económica da comunidade, e suma como elemento que colabora en conseguir a cohesión social en Galicia a través das iniciativas empresariais de iniciativa social que integra, para alcanzar un maior nivel de emprego de persoas con discapacidade, tamén na empresa ordinaria.

Categorías

Deixa unha resposta