22 de Outubro de 2019

Cegasal e Concello de Tomiño exploran vías de colaboración en economía social

 O presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro e a concelleira de Benestar Social de Tomiño mantiveron esta mañá unha reunión para analizar as posibilidades de colaboración en materia de emprego para persoas con discapacidade.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019. O presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, José Antonio Vázquez Freire, mantivo unha reunión esta mañá coa concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade do Concello de Tomiño, Cristina Martínez, e a técnica coordinadora de Servizos Sociais, Noemí Fernández, para explorar as posibles vías de colaboración entre ambos os organismos de fronte ao cumprimento da nova lei de contratación pública. A norma, publicada en marzo de 2018, inclúe importantes avances para os traballadores con discapacidade e novidades en relación á contratación dos centros de iniciativa social como os que conforman Cegasal. A titular de Benestar Social de Tomiño emprazou ao presidente de Cegasal a unha nova reunión para analizar en profundidade as medidas que se poderían implementar desde o Concello para profundar nesta colaboración.

Categorías
,

Os comentarios están pechados.