15 de Xuño de 2020

Cegasal informa os seus asociados das últimas medidas da Consellería de Economía

A secretaria xeral de Cegasal, Esther Blanco, reuniuse de novo esta mañá cos xerentes dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro asociado para informais das medidas que lles adiantou o pasado xoves o conselleiro Francisco Conde e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. No devandito encontro virtual, no que participaron  os líderes galegos da economía social, anunciouse un aumento de carga de traballo para os centros de iniciativa social, co obxectivo de volver ás cifras de antes da crise provocada pola COVID-19, así como o acordo de que o cesamento de actividade, a suspensión de contratos ou a redución de xornada derivados da pandemia -mentres estean vixentes as medidas de protección de emprego asociadas a esta- consideraranse producido por causa de forza maior para que poidan manter a cualificación e a percepción das axudas.

Por outra banda, a directiva de Cegasal explicou con detalle algunhas das axudas que sairán publicadas o xoves no Diario Oficial de Galicia e ás que se poden acoller os asociados. Son subvencións relacionadas coa transformación de espazos e con plans de dixitalización (teletraballo, comercio electrónico…).

Categorías
, ,

Os comentarios están pechados.