11 de Decembro de 2014

Cegasal organiza encontro empresarial en Ourense

Xantar coloquio empresarial

 

 

 

 

 

 

Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal) reuniu en AIXIÑA, un dos seus centros asociados a empresarios para falarlles sobre as empresas de economía social formadas por cadros de persoal con discapacidade.
Neste xantar-coloquio empresarial expúxose por primeira vez o video corporativo de Cegasal, que mostras os medios a disposición das empresas para mellorar a contratación de persoas con minusvalidez, ou ben, adoptar medidas alternativas á a contratación.
Cegasal é unha entidade que representa a 17 empresas de economía social nas que traballan sobre 800 persoas en toda Galicia, máis do 90% destas con discapacidade, estando situadas na provincia ourensá tres destas empresas asociadas: Celcoauto, Aixiña e Integratex, para as que traballan 71 persoas
O xantar-coloquio estivo dirixido polo Presidente de Cegasal, e no que tamén estiveron presentes o Deputado no Congreso, Celso Delgado, o Vicepresidente da Deputación de Ourense, e o Presidente de CEO

Categorías

Deixa unha resposta