01 de Decembro de 2016

Cegasal presenta a primeira edición do seu premio xornalístico para dar visibilidade aos centros especiais de emprego

o presidente de Cegasal José Antonio Vázquez Freire e o decano do Colexio de xornalistas en Ourense 1 de decembro AIXIÑA presentación premio Xornalismo para promover centros especiais de emprego discapacidade

  • O premio, dotado con 1.000 euros, recaerá na mellor información sobre economía social e pódese optar ao mesmo con traballos publicados en diarios en papel, radio, televisión, revistas  ou diarios dixitais.

  • Cegasal  conta con 17 centros especiais de emprego repartidos por toda a xeografía galega e forma e da traballo a unas mil persoas con discapacidade.

  • O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia colabora nesta iniciativa presentada hoxe no Centro Aixiña, en Ourense.

(Ourense, 1 de decembro de 2016)

Cegasal  presentou esta mañá en Ourense, na empresa Aixiña, o Premio á mellor información xornalística sobre economía social.

O obxectivo deste galardón, dotado con 1.000 euros, é o de dar visibilidade ás persoas con discapacidade e mostrar as dificultades que atopan á hora de optar ao mercado laboral, así como dar a coñecer o traballo que realizan neste sentido os centros especiais de emprego.

José Antonio Vázquez, presidente de Cegasal, sinalou na súa intervención que o 74% das persoas con discapacidade en idade laboral non ten traballo “e, o que é máis grave, a maioría non o busca porque considera que non o vai a poder atopar ante o reparo que xera nas empresas a súa contratación polo daniño descoñecemento social das súas capacidades“. Vázquez pediu a colaboración dos medios para dar a coñecer á sociedade, “non tanto o traballo que se realiza desde Cegasal, que tamén, senón principalmente o esforzo  das persoas con algunha discapacidade para evitar paternalismos e gozar dunha vida plena, na que a formación e o traballo son dous pilares fundamentais”.

Para o presidente de Cegasal, a discapacidade, “ou as capacidades diferentes, como realmente sentimos que deben ser denominadas”, non deberían ser un impedimento para o pleno desenvolvemento dunha persoa tamén no ámbito laboral.

Pola súa banda, Francisco Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, sinalou que “queremos prestar especial atención e promoción dende o Colexio para que labores xornalísticas que non acostuman a ser valorados, como vos traballos que poñan en valor ou labor desenvolvido nos centros especiais de emprego en particular ou que atingan á economía social, teñan especial relevancia e coa convocatoria deste premio, unha merecida distinción”. Sarria felicitou a Cegasal pola iniciativa,  “que acollemos co convencemento de que o exercicio xornalístico e o labor social deben estreitar unha necesaria unión”, dixo.

As bases do Premio Cegasal á mellor información sobre economía social pódense consultar  nas webs do Colexio Profesional de Xornalistas  e nesta web de Cegasal a continuación.

O prazo de recepción dos traballos péchase o próximo 30 de marzo e o gañador será anunciado na primeira quincena de abril.

BASES I PREMIO CEGASAL 2016 galego

Os traballos deberán enviarse, vía mail, á seguinte dirección de correo: cegasalcomunicacion@gmail.com, ou por correo ordinario ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (San Pedro de Mezonzo, 36, 1º, 15701 Santiago de Compostela). A información presentada deberá ir acompañada dun breve currículo da súa autoría.

O xurado estará composto por profesionais con experiencia contrastada nos medios de comunicación galegos, así como representantes de Cegasal e do propio Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Categorías

Deixa unha resposta