06 de Xullo de 2015

Cegasal presente na sinatura de convenio entre a Cámara de Comercio de A Coruña e a Confederación de Empresarios de A Coruña

José Antonio Vázquez Freire estivo presente o pasado xoves 2 de xullo, na sinatura do protocolo para xerar sinerxias e evitar duplicidades entre a Cámara de A Coruña e a Confederación de Empresarios de A Coruña.

José Antonio Vázquez presente na sinatura do protocolo Este protocolo tratará de xerar sinerxias, evitar duplicidades, lograr unha maior eficacia e contundencia nas reivindicacións en pro do empresariado, así como coordinar todos os esforzos necesarios para apoiar ás empresas, buscando a complementariedade nos servizos e a optimización de custes.

Os presidentes da Cámara de A Coruña e a CEC aseguraron que o desenvolvmento de este acordo baseado na coordinación, a colaboración e a cooperación entre as dúas institucións “será sin duda beneficioso para a empresa e para a economía da contorna en termos de crecemento, emprego e benestar social”.

Froito de este acordo, as dúas institucións establecerán o máximo grao de coordinación para evitar duplicidades en canto ás actividades e servizos que ofrecen ás empresas.

Un momento da sinaturaA sinatura tivo lugar no Club Financeiro Atlántico e detalla o reparto de servizos entre as organizacións. Así a información e asesoramento realizarase de forma coordinada entre a Cámara e a CEC; o servizo de bases de datos públicas de empresas así como o de internacionalización correrán a cargo da Cámara, que contará coa colaboración da CEC; os servizos de diagnose emresarial e os servizos a emprendedeores os realizarán coordinadamente ambos organismos; a concertación social, a prevención de riscos laboráis e a responsabilidade social empresarial a desenvolverá a CEC coa colaboración da Cámara de Comercio, etcétera. Por outra parte, en canto ás funcións propias e comuns inherentes á tipoloxía de cada institución, a Cámara, como coorporación de dereito público e de defensa dos intereses xerais , e a Confederación de Empresarios, na súa calidade de organización mais representattiva no ámbito da provincia de A Coruña, cada entidade desenvolverá o seu cometido propio, ainda que podrán solicitar a colaboración institucional ou o apoio organizativo da outra.

Defensa dos intereses empresariais do seu territorio

Posto que ambas institucións están lexitimadas para acometer a defensa dos intereses empresariais no seu territorio e, de xeito especial como voz autorizada de reivindicacións en pro de estos intereses, ante as Administracións Públicas, os órganos lexislativos e a sociedade, a partir de agora os posicionamentos, reivindiacións e opinións beneficiosas para a empresa sobre infraestructuras básicas, normativas, educación e formación etc.. realizaranse de forma conxunta buscando unha maior profundidade e reflexión.

 

Categorías

Deixa unha resposta