28 de Setembro de 2018

Cegasal propón á Fegamp unha comisión de seguimento con motivo da nova lei de contratación pública

 • José Antonio Vázquez e Alfredo García coincidiron na importancia da normativa, que entrou en vigor o pasado mes de marzo, para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
Presidentes de Fegamp y CegasalSantiago de Compostela, 27 de setembro de 2018. O presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro ( Cegasal), José Antonio Vázquez Freire, reuniuse onte co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, para analizar os retos aos que se enfrontan as administracións locais coa entrada en vigor o pasado mes de marzo, da nova lei de contratación pública. Neste sentido, Vázquez Freire solicitou ao responsable da Fegamp que impulse unha comisión de seguimento da aplicación desta norma, petición que Alfredo García acordou presentar no próximo comité executivo da Federación, co obxectivo de sensibilizar aos concellos do alcance da importancia desta medida para as persoas con discapacidade.
A nova lei ten como obxectivo fundamental implementar en España unha contratación pública socialmente responsable. Para iso, introduce como finalidade o cumprimento de principios de integridade e promoción de aspectos sociais como medio para lograr a transparencia, a igualdade, a concorrencia e unha mellor relación calidade prezo. A norma contempla novidades dirixidas á consecución de todos estes principios introducindo, entre outras cuestións,  a prohibición de contratar co sector público a aquelas empresas de máis de 50 empregados que non  cumpran coa cota legal do 2% de persoas con discapacidade nos seus
persoais, a posibilidade de incorporar de maneira transversal e preceptiva cláusulas sociais, así como a reserva dunha porcentaxe mínima de determinadas
actividades a Centros Especiais de Emprego e Empresas de Inserción.

No que respecta aos centros especiais de emprego, a nova lei mantén a reserva de contratos públicos a estes, pero diferénciase da anterior, a de 2011, en que a partir de agora esa reserva só se fará cos denominados centros de iniciativa social, que son os que en Galicia teñen a cualificación de “sen ánimo de lucro”, como é o caso de  Cegasal.

Para as administracións, a nova normativa  establece a porcentaxe mínima de reserva de emprego para persoas con discapacidade, ou en risco de exclusión social, no 7%, que se incrementará ata un 10% no ano 2022.

A Asociación Empresarial  Galega de Centros  Especiais de  Emprego
Cegasal é a asociación empresarial multisectorial galega de iniciativa social que integra diferentes centros que se rexen polos principios orientadores da economía social sen ánimo de lucro.  Nesta liña,  Cegasal funciona como xeradora de oportunidades de emprego, formación e desenvolvemento de servizos para as persoas con discapacidade  e conta na actualidade con 25 centros especiais de emprego repartidos por toda a xeografía galega, que abarcan diferentes sectores como téxtil, alimentación, limpeza, tratamento de residuos ou xardinería, entre outros.

 

28092018 la opinion_001 28092018 el correo gallego_001

Categorías
,

Los comentarios están cerrados.