11 de Outubro de 2016

Cegasal reúne en Vigo a máis de 170 empresarios para falar de economía social

  • A secretaria xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Covadonga Toca, foi a encargada de clausurar o xantar de traballo celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia.

  • As empresas integradas na Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, Cegasal, facturaron en 2015 máis de de 25 millóns de euros.

  • As empresas de máis de 50 traballadores teñen a obrigación por lei de reservar un 2% dos seus postos de traballo a persoas con algunha discapacidade.

autoridadesVigo, 11 de outubro de 2016. Máis de 170 empresarios participaron hoxe en Vigo nun encontro empresarial organizado por Cegasal, Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego, en colaboración co Círculo de Empresarios de Galicia. O evento tiña como obxectivo dar a coñecer as ferramentas de xeración de emprego de persoas con discapacidade, así como as posibles accións de colaboración empresarial cos centros especiais de emprego.

Os encargados de inaugurar o acto foron o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell,  e o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire. Pola súa banda, a secretaria xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Covadonga Toca, foi a encargada de clausurar o foro, tras a intervención do tenente alcalde do Concello de Vigo, Carlos López Font, e os xerentes de tres dos centros especiais de emprego de Cegasal.

Na apertura de encontro,  conducido pola delegada da diario Expansión en Galicia, Abeta Chas, o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia falou de empresa e de responsabilidade social, ?de emprego e de integración. De solidariedade? Pero tamén de igualdade. De cohesión social?.  Güell dixo que ?como empresarios, somos plenamente conscientes de que o emprego é a mellor política social?, pero, recoñeceu, ?atopar traballo, ou adecuar ese posto de traballo a algunhas persoas, non é igual de fácil (ou de difícil) para todos?.

O presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, que exerceu de anfitrión, sinalou tamén que  “aínda que existe lexislación respecto diso, lamentablemente, como sucede noutras moitas materias, o seu grao de cumprimento é francamente mellorable. Poida que haxa descoñecemento, pero as empresas con máis de 50 traballadores están obrigadas a reservar un 2% dos seus empregos a persoas con algunha discapacidade, ou, alternativamente, a subcontratar servizos con centros especiais de emprego, como estes que forman parte de Cegasal”. Juan Güell felicitou neste punto o labor realizado pola asociación.

Pola súa banda, o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, agradeceu a asistencia de autoridades e empresarios ao foro, o máis multitudinario de todos os celebrados ata o momento,  e explicou as orixes da asociación, que data de 1997, e que se converteu na “entidade de referencia, defensa e promoción das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de economía social como son os centros especiais de emprego”. Así mesmo explicou que o principal obxectivo de Cegasal é “fomentar o emprego de calidade das persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social”, así como “a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial de Galicia”.

José Antonio Vázquez tamén destacou o papel da asociación na promoción de “un gran cambio social e económico para a igualdade de oportunidades dentro de criterios de eficiencia”. Neste sentido, subliñou a creación de 1.100 empregos para persoas con discapacidade dos centros especiais de emprego de Cegasal, e os máis de 25 millóns de euros que o conxunto das súas empresa facturaron en 2015. Neste sentido, lembrou que máis de 100.000 persoas con algunha discapacidade en Galicia, ?non buscan traballo, a pesar de estar en idade laboral, porque cren que non o van a atopar”.

O presidente da patronal galega de economía social instou os representantes da Administración, das empresas e dos medios de comunicación a axuntar esforzos para acabar coa exclusión no mercado laboral das persoas que teñen algunha discapacidade.

Tras o xantar, e despois dunha breve presentación da xerente de GES e dos xerentes de tres das empresas de Cegasal, tomou a palabra o tenente alcalde do Concello de Vigo, Carlos López Font, quen trasladou o saúdo do alcalde de Vigo, Abel Caballero, ausente por problemas de axenda, e destacou a importancia da reunión organizada por Cegasal “pola súa capacidade de convocatoria e por todo o que significa”. López Font avogou por “acabar cos tópicos que hai  en relación ás persoas con discapacidade” e terminou cun desexo “que os centros especiais de emprego como os que hoxe conforman Cegasal, se multipliquen.

Por último, a secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, que foi a encargada de clausurar o foro empresarial, resaltou na súa intervención o apoio da Consellería de Economía aos centros especiais de emprego, “que favorecen a integración  e aumentan a eficiencia na formación e capacitación co apoio da Xunta”. Toca advertiu que aínda queda  por diante “un longo camiño”  para que o emprego inclusivo sexa unha realidade. Neste punto, falou da liña de axudas posta en marcha pola Xunta en relación a este tipo de emprego e anunciou a creación dun fondo de economía social dotado con cinco millóns de euros.
A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego

Cegasal é a asociación empresarial galega de carácter multisectorial de iniciativa social que integra iniciativas empresariais que comparten os principios orientadores da economía social. Os centros especiais de emprego de iniciativa social apostan por facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade. Xeradora de oportunidades de emprego, formación e desenvolvemento de servizos para as persoas con discapacidade,  cuxa taxa de actividade laboral é menor comparada co resto da sociedade. Nesta liña, cabe destacar que a porcentaxe de inactividade presente nas persoas con discapacidade en idade laboral alcanza limiares do 70%. Unha situación que se quere cambiar a través do traballo realizado por Cegasal.

presidente-de-cegasal general

Categorías

Deixa unha resposta