27 de Febreiro de 2020

Cegasal reúnese co alcalde de Ourense para explorar vías de colaboración co Concello

  • O presidente da Asociación de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, José Antonio Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá co rexedor ourensán, Gonzalo Pérez Jácome.

Ourense, 26 de febreiro de 2020. A Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro ( Cegasal) continúa a súa rolda de contactos cos representantes das distintas administracións locais, provinciais e autonómica para coñecer o grao de implicación das mesmas coa economía social. Unha implicación que desde o mes de marzo de 2018 vén marcada pola nova lei de contratación pública que incrementou de forma notable a reserva de carga de traballo aos centros especiais de emprego de iniciativa social como son os 31 que representa Cegasal.

Nesta liña enmarcouse a reunión que mantiveron na  mañá de onte o presidente da Asociación, José Antonio Vázquez Freire, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Un encontro distendido no que analizaron as posibles vías de colaboración do Concello con Cegasal, que xa conta con diversos centros nesta localidade.
Cegasal conta agora mesmo con 31 centros asociados, tras a recente incorporación recentemente de Paideia, e a súa penetración no mercado laboral abarca diferentes sectores económicos como o téxtil, cárnico, limpeza, xardinería, reciclaxe ou artes gráficas, entre outros. O labor da asociación galega que preside Vázquez Freire céntrase na portavocía dos centros que representa, a súa interlocución coas administracións e nun labor de concienciación sobre a importancia da economía social á hora de ofrecer un futuro laboral ás persoas con discapacidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Categorías
,

Os comentarios están pechados.