31 de Xaneiro de 2019

Cegasal reúnese co delegado do Goberno en Galicia

O presidente da Asociación  Galega de Centros  Especiais de  Emprego ( Cegasal), José Antonio Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para tratar diversos aspectos relacionados coa nova lei de contratación pública, que entrou en vigor o pasado mes de marzo. En concreto, Vázquez solicitou ao delegado que velase polo cumprimento da norma que obriga ás administracións para reservar carga de traballo para os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, como é o caso das empresas que forman parte de  Cegasal, a patronal galega de economía social.

REUNION DELEGADO DO GOBERNO

Categorías

Os comentarios están pechados.