11 de Febreiro de 2016

Cegasal ultima coa Cámara de Comercio de Santiago, os detalles para a organización do encontro empresarial

A organización sen ánimo de lucro que dirixe José Antonio Vázquez presentará en marzo a súa oferta de servizos na capital de Galicia, nun xantar de traballo ao que se espera que asistan máis dun centenar de empresarios.

presidente de la Cámara y presidente de cegasalComo xa se fixo o pasado ano na Coruña, Cegasal celebrará o próximo mes de marzo un xantar-coloquio na capital de Galicia para presentar ao empresariado  da comarca a oferta de servizos que ofrecen as 17 empresas que compoñen a organización. Na organización deste evento, con formato de xantar de traballo, colabora tamén a Cámara de Comercio de Santiago, cuxo presidente mostrou o seu apoio e respaldo a este acto, así como ao labor que realiza Cegasal na comunidade galega.

Neste sentido, e tras a reunión mantida na sede da Cámara o pasado luns 8 de febreiro, ambos os presidentes acordaron reforzar a convocatoria da patronal de economía social dende a propia corporación, que representa a 32 municipios, para lograr o respaldo do maior número de empresarios e empresarias posible.

Á reunión co presidente de Cegasal para ultimar os detalles deste encontro profesional asistiron o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey Carril, e o secretario xeral da entidade, Fernando Barros Fornos.

Cegasal é a asociación empresarial galega de carácter multisectorial de iniciativa social que integra iniciativas empresariais que comparten os principios orientadores da economía social. Os centros especiais de emprego de iniciativa social apostan por facilitar a inserción laboral das persoas con discapacidade e ser un medio para que o grupo social teña oportunidades de emprego reais e se facilite a súa transición á empresa ordinaria.

Cegasal e a Cámara de Comercio ultiman os detalles para a presentación da patronal galega de economía social en Santiago

Categorías

Deixa unha resposta