17 de Xuño de 2015

Cegasal xa forma parte da Rede Eusumo

A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro acaba de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Traballo para a súa adhesión á Rede Eusumo

eusumoNas últimas semanas tiveron lugar as xestións para formalizar a entrada de Cegasal na Rede Eusumo, como entidade colaboradora da mesma na promoción do cooperativismo e a economía social.

A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal) acaba de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Traballo para a adhesión deste colectivo á Rede Eusumo. A finalidade é clara, dotar de maior visibilidade a unha das entidades que integran a economía social como son os centros especiais de emprego de iniciativa social. De feito, o principal obxectivo de Cegasal é desde a súa constitución en 1997, contribuír a mellorar os niveis de ocupación das persoas con discapacidade a través de empregos no mercado protexido, así como a prestación de servizos de axuste persoal e social que requiren, ademais de ampliar as oportunidades de emprego na empresa ordinaria potenciando o salto ás mesmas ou á actividade emprendedora.

Categorías

Deixa unha resposta