Economía social

 

A Economía Social definiuse xuridicamente en España coa Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social, publicada no BOE do 30 de marzo de 2011, establecendo o marco xurídico que lle outorga recoñecemento, visibilidade e seguridade xurídica á realidade das distintas entidades que a integran.

 

A Economía Social é o conxunto de actividades económicas e empresariais, que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que, conforme a unha serie de principios orientadores, perseguen ben o interese colectivo dos seus integrantes, ben o interese xeral económico ou social, ou ambos.

 

Forman parte da economía social as cooperativas, as mutualidades, as fundacións e as asociacións que leven a cabo actividade económica, as sociedades laborais, as empresas de inserción, os centros especiais de emprego, as confrarías de pescadores, as sociedades agrarias de transformación e as entidades singulares creadas por normas específicas que se rexan polos principios orientadores. Con todo, non é unha relación exhaustiva e poderán considerarse como tales aquelas que realicen actividade económica e empresarial e cuxas regras de funcionamento respondan aos principios orientadores correspondentes.

 

Principios orientadores da Economía Social:

  • Primacía das persoas e do fin social sobre o capital
  • Xestión autónoma e transparente, democrática e participativa
  • Aplicación dos resultados obtidos da actividade económica, en función do traballo achegado ao servizo ou actividade realizada, ao fin social
  • Promoción da solidariedade interna e coa sociedade
  • Compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades, a cohesión social, a inserción, a xeración de emprego, a conciliación e corresponsabilidade e a sustentabilidade
  • Independencia respecto aos Poderes Públicos

 

Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social

Lei 6/2016, de 4 de maio, da Economía Social de Galicia

Lei 31/2015, do 9 de septembro, pola que se modifica e actualiza a normativa en materia de autoemprego e adóptanse medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da Economía Social.

 

A Lei 31/2015, do 9 de setembro, publicada no BOE N. 217, do 10 de setembro de 2015, entrou en vigor aos 30 días dende a súa publicación no BOE.

Esta normativa ten entre os seus obxectivos o fomento do emprendemento colectivo e o apoio e impulso á Economía Social.

Economía Social que é, ademais, fonte de creación de emprego estable, de calidade e non deslocalizable e que é unha importante plataforma de acceso ao emprego para aqueles que, polas súas especiais circunstancias, atopan maiores dificultades de inserción laboral e/ou que se atopan en risco de exclusión social.

No ámbito da Economía Social, para continuar coas políticas de promoción e apoio, no texto da Lei 31/2015 inclúense novidades como o recoñecemento dos Centros Especiais de Emprego como entidades prestadoras de Servizos de Interese Económico Xeral.

Este recoñecemento supón que as subvencións concedidas a estas entidades estean sometidas agora ao Regulamento 360/2012 da Comisión, do 25 de abril de 2012, e poidan alcanzar os 500.000 € nun período de tres anos, cando antes o máximo era de 200.000 € no mesmo período de tempo.

Trátase, ademais, dunha declaración apoiada pola propia Comisión Europea, que considera a inclusión social e laboral como un Servizo de Interese Económico Xeneral, e estas entidades son as que centran precisamente a súa actividade nos colectivos máis desfavorecidos e en torno ao concepto do emprego protexido.

Así mesmo, deseñouse no marco do período de programación do Fondo Social Europeo 2014-2020, o Programa Operativo de Inclusión Social e da Economía Social de ámbito nacional. Un programa que é unha novidade no noso país no que ao apoio da Economía Social refírese e que estará dotado con case 1.200 millóns de euros en custo total.

A Lei 31/2015, no seu artigo terceiro, modifica a Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social e engádese un apartado 4 ao artigo 5, coa seguinte redacción:

  • “Decláranse entidades prestadoras de Servizos de Interese Económico Xeral, os Centros Especiais de Emprego e as Empresas de Inserción, constituídas e cualificadas como tales segundo a súa normativa reguladora.”

Desta forma, recoñécese aos CEE como unha fonte de creación de emprego para aquelas persoas con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral.