Emprego protexido

mapa españaOs Centros Especiais de Emprego en España

O emprego protexido é o marco de actuación dos centros especiais de emprego, que ofrecen ás persoas con discapacidade un traballo remunerado e os servizos de apoio necesarios, así como ser un medio para favorecer a súa inclusión laboral no réxime de emprego ordinario.

Existen 2.215 centros especiais de emprego e dan emprego a máis de 64.391 persoas.

Caracterízanse pola multiplicidade de características, modelos de xestión e diversidade de actividades produtivas.

O nivel de contratación do colectivo incrementouse nos últimos anos a través de estas iniciativas.

As políticas de emprego están dirixidas a aumentar as taxas de actividade e ocupación e inserción laboral das persoas con discapacidade, mellorar a calidade do emprego e dignificar as súas condicións de traballo, combatindo activamente a súa discriminación.

* Datos do estudo “Presente e futuro dos Centros Especiais de Emprego”, realizado por KPMG para a Fundación ONCE, no ano 2011

mapa galiciaOs Centros Especiais de Emprego en Galicia

Segundo datos oficiais de xuño de 2014, a Xunta de Galicia apoia o mantemento de 1.834 postos de traballo de persoas con discapacidade nos 114 centros especiais de emprego inscritos na Comunidade Autónoma. Sete dos cales foron constituídos ao longo do ano 2013.

O Rexistro administrativo galego de centros especiais de emprego identifica a súa vez, aqueles que carecen de ánimo de lucro, identificados por cumprir unha serie de requisitos en base á titularidade dos mesmos, a irrepartibilidade dos excedentes obtidos na actividade realizada, a forma xurídica adoptada ou á reinversión dos excedentes no fin social.

Destacan á súa vez aqueles centros especiais de emprego inscritos que carecendo de ánimo de lucro, son de iniciativa social, xa que o seu titular é unha entidade sen ánimo de lucro principalmente vinculada ao ámbito da discapacidade.

Dende Cegasal apostamos polo desenvolvemento e viabilidade esta tipoloxía de centros especiais de emprego.