RSE

A Responsabilidade Social Empresarial (RSE) é o fenómeno voluntario que busca conciliar o crecemento e a competitividade, integrando ao mesmo tempo o compromiso co desenvolvemento social e a mellora do medio ambiente.

Segundo a Comisión Europea, no Libro Verde para Fomentar un marco europeo para a RSE das empresas, do 18 de xullo de 2001, definiu a RSE como un concepto a través do cal a empresa integra de forma voluntaria as dimensións social e ambiental nas súas operacións de negocio e nas súas relacións cos grupos de interese.

economia socialEn España, a definición de RSE ampliouse polo Foro de Expertos do Ministerio de Traballo, encargado de elaborar un documento publicado en xullo de 2007 para orientar as políticas de RSE do Goberno, e que definiu a RSE como, ademais do cumprimento estrito das obrigacións legais vixentes, a integración voluntaria no seu goberno e xestión, na súa estratexia, políticas e procedementos, as preocupacións sociais, laborais, ambientais e de respecto dos dereitos humanos, que xorden da relación e o diálogo transparente cos seus grupos de interese, responsabilizándose así das consecuencias e os impactos que derivan das súas actuacións.

Son varias, máis ou menos amplas, as definicións emanadas de distintos organismos pero todas elas recollen características concretas que permiten identificar unha acción como actuación responsable.

• Voluntariedade
• Creación de valor
• Transversalidade e integración
• Adaptabilidade
• Transparencia
• Ámbito interno e externo
• Implicación das persoas