Continúan los contactos de Cegasal con la Administración por la nueva Ley de Contratos del Sector Público

 

O presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez, mantivo este martes un encontro co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, co obxectivo de analizar a aplicación da nova lei de contratación pública, no referente aos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro, que verán incrementado a súa porcentaxe de carga de traballo. A nova norma entrará en vigor o día 9 de marzo e beneficia aos centros de iniciativa social. Na reunión, Vázquez e Cores Tourís estiveron acompañados do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, e pola directora comercial de Cegasal, Raquel Alvite. Os responsables da asociación lembraron na reunión que a normativa sobre dereitos das persoas con discapacidade recolle a obrigación das empresas públicas e privadas cun persoal de 50 ou máis traballadores de reservar un mínimo do 2% dos postos de traballo para persoas con discapacidade. A finalidade principal da reserva é a de fomentar a contratación destes traballadores, cuxo limiar de desemprego supera o 70%.

foto encuentro pontevedrarecorte web