07 de Decembro de 2014

Coruña acolle a sinatura do convenio que Cegasal subscribe coa Federación de Autónomos de Galicia

(A Coruña, 10/06/2014) A sede da Confederación de Empresarios da Coruña acolleu esta mañá a firma de convenio entre a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sin Ánimo de Lucro (CEGASAL) e a Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), co fin de defender os intereses dos seus membros ante as institucións e a sociedade.

Tendo como padriño o Presidente da CEC, Antonio Fontenla, e contando tamén coa asistencia da Tenente de Alcalde de Emprego e Empresa do concello da Coruña, María Luisa Cid Castro, este convenio pretende ser unha ferramenta de intercambio e colaboración de proxectos e de apoio na elaboración de normativa que beneficie tanto a autoemprego como á economía social galega.

Os asinantes deste acordo, o Presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez, e o Presidente de FEAGA, Francisco Javier Pérez, recoñeceron que as persoas traballadoras autónomas son un piar fundamental para a economía galega, xa que son favorecedores de oportunidades de emprego. Dende Cegasal quixeron deixar claro que os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro supoñen unha alternativa laboral que debe ser complementaria ao emprego da empresa ordinaria.

Categorías

Deixa unha resposta