11 de Novembro de 2016

EMPREGO SOCIAL xestionará o servizo de limpeza do parque de Monticaño

O centro especial de emprego asociado EMPREGO SOCIAL, S.L. que  depende da Asociación Prol Enfermos Mentais (APEM), xestionará o servizo de limpeza do parque de Monticaño en Arteixo

Segundo fontes municipais, o Goberno local, que preside Carlos Calvelo, cede o servizo á entidade especializada na formación laboral de persoas con discapacidade por 111.000 euros.

05 febrero 2013 página 6 A Coruña.- El proyecto del castro de Cociñadoiro se retrasa a la espera de un plan especial El centro de interpretación se instalará en el parque de Monticaño en ArteixoBaixo a fórmula de contrato de colaboración o obxecto do mesmo é a formación e inserción sociolaboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social en servizos ambientais, e incluirá capacitación laboral relacionada coa xardinería a través do desenvolvemento de cursos de formación no parque e dispoñerase do apoio dun encargado de xardinería, persoal monitor e especialista sociolaboral.

A Asociación Prol Enfermos Mentais da Coruña (APEM) decide adquirir no ano 2004 Emprego Social S.L,  un centro especial de emprego sen ánimo de lucro, co obxectivo de realizar actividades de formación e inserción laboral con persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social. Desta maneira, APEM podería completar un servizo integral para a rehabilitación das persoas con enfermidade mental.

Emprego Social S.L, é unha empresa cualificada como centro especial de emprego sen ánimo de lucro, polo que ademais de manter unha estrutura e organización axustada a calquera empresa ordinaria, o 70% ou máis dos seus traballadores e traballadoras deben ser persoas cun grao de discapacidade e  reinvestir os posibles beneficios no propio centro ou noutros que carezan de ánimo de lucro.

Na actualidade son 56 os traballadores e traballadoras de Emprego Social S.L, dos cales 48 son persoas con discsapacidad (85%), 21, persoas con enfermidade mental, que desenvolven diferentes actividades laborais vinculadas á limpeza e mantemento de xardíns.

Non nos cabe dúbida que o principal activo de Emprego Social S.L,  son os seus traballadores e traballadoras que co seu esforzo diario de superación, o seu coidado, a dedicación, a constancia etc, permítelles ser competitivos e conseguir un nivel óptimo na calidade dos servizos que realiza.

Enlace completo da nova.

LEMA DE EMPREGO SOCIAL: Somos Capaces e Profesionais

Categorías

Deixa unha resposta