24 de Marzo de 2015

Encontro empresarial para a integración laboral: Xantar – coloquio

Cegasal organiza xunto coa Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de A Coruña un encontro empresarial en A Coruña, para coñecer as ferramentas de xeración de emprego das persoas con discapacidade e accións de colaboración empresarial cos centros especiais de emprego de iniciativa social.

O encontro diríxese a empresas da provincia de A Coruña e desenvolverase no Hotel María Pita da cidade herculina. Prográmase baixo o formato dun xantar de traballo coa finalidade de establecer un espazo de debate e coñecemento para a posa en común de alianzas empresariais e intégrase dentro do programa de promoción de centros especiais de emprego de Galicia.

O evento terá lugar o xoves 23 de abril de 2015 a partir das 14:00 horas.

PROGRAMA
14:00        Recepción de asistentes
14:15         Sesión de apertura e inauguración do Encontro Empresarial. Farán uso da palabra
  • Marcelo Castro-Rial Schuler, Presidente Cámara de Comercio A Coruña
  • José Antonio Vázquez Freire, Presidente Cegasal
  • Autoridades
14:40        Ferramentas para a integración laboral de persoas con discapacidade. Farán uso da palabra.
O Servizo de Intermediación Laboral.   Dª Maria del Carmen Insua Fabeiro, Coordinadora de Emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade Cogami
– Presentación Cegasal y sistemas de colaboración. D. José Antonio Vázquez Freire.
15:00          Xantar empresarial – coloquio. Farán uso da palabra.
– Os centros especiais de emprego, sistemas de colaboración. Responsables de iniciativas empresariais.
16:45  Clausura e agradecementos

Categorías

Deixa unha resposta