07 de Setembro de 2015

Encontro empresarial: Liderando

Cegasal organiza o encontro empresarial Liderando xunto cun grupo de empresas e institucións presentes en Galicia

O encontro terá lugar o próximo venres 11 de setembro en Santiago de Compostela e desenvolverase no marco dun xantar coloquio no cal se tratarán cuestións de relevancia para o sector, de cara a promover o liderado en oportunidades de crecemento e emprego nas empresas cun valor engadido.

Ao mesmo tempo, Cegasal quere agradecer a colaboración mostrada ao longo da súa traxectoria por parte das entidades asistentes, na folla de ruta da organización.

O encontro intégrase dentro das actividades incluídas no programa de promoción de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Encontro empresarial: Liderando 11 de setembro

Categorías

Deixa unha resposta