07 de Decembro de 2014

Éxito nas Xornadas Foro Inserta celebrada en Santiago de Compostela

O presidente de CEGASAL, José Antonio Vázquez Freire participou na mesa de apertura e clausura das Xornadas celebradas o pasado 23 de xullo en Santiago, xunto co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, e o vicepresidente executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán e ante a presenza da Conselleira de Trabajo Beatriz Mato.

A Xornada do Foro Inserta Responsable co título: España Compite ‘O talento con discapacidade e a accesibilidade como vantaxes competitivas’ contou coa participación de representantes de algunha das 70 empresas que forman parte do programa Inserta da Fundación e que axudan a cambiar a vida das persoas con discapacidade.

Na devandita xornada constatouse que “a mellor política social é a creación de emprego e que a integración social das persoas con discapacidade é unha obriga constitucional que os empresarios deben asumir”.

Categorías

Deixa unha resposta