03 de Marzo de 2017

FEACEM presenta a súa “Guía para la inclusión de cláusulas sociales sobre discapacidad en la contratación pública”

GUÍA PARA LA INCLUSIÓN DE CLÁUSULAS SOCIALES SOBRE DISCAPACIDAD EN LA CONTRATACIÓN PÚBLICA

 

A Federación Española de Asociacións de Centros Especiais de Emprego (FEACEM) presentou o pasado día 27 de febreiro a “Guía para la inclusión de cláusulas sociales sobre discapacidad en la contratación pública”.

Na presentación, FEACEM explicou en detalle o contido deste documento, que nace co obxectivo de asesorar sobre o modo de incluír as cláusulas sociais nos pregos de contratación pública.

No acto, inaugurado polo presidente de ILUNION, Alberto Durán, interviñeron o presidente de FEACEM, Emilio Sáez; o seu vicepresidente, José Luis Martínez; o director xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do Goberno central, Borja Fanjul; o Secretario Xeral do Foro da Contratación Socialmente Responsable, José Luis Barceló; a xerente de FEACEM, Pepa Torres; e o director-xerente de BEQUAL, José Antonio Martín.

Categorías
,

Deixa unha resposta