12 de Xaneiro de 2017

Galicia, Economía Social en auxe

El Correo Gallego, 12.01.2017

 

O Correo Gallego de 12/01/2017 trae a noticia sobre o auxe da Economía Social na nosa Comunidade. Co titular “Coren e Feiraco lideran unha economía social en pleno auxe en Galicia”, o diario fai eco do informe “Empresas Relevantes de Economía Social”, da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).

Do Informe da CEPES, dispoñible en http://www.cepes.es/social/ranking, despréndese a importancia da economía social fronte á crise e a súa fortaleza, agora coa recuperación.

E Galicia ocupa un lugar moi importante na clasificación das sociedades máis representativas da economía social en España. Entre as 829 sociedades do ranquin da CEPES, Coren, terceira na clasificación xeral de cooperativas e líder absoluta no sector agroalimentario español, e Feiraco, tamén entre as primeiras, son exemplos de que “a economía social é o modelo empresarial do futuro”, como explica o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño.

Son 43 mil empresas de todos os tamaños e sectores de actividade, que representan o 10% do PIB e o 12,5% de emprego en España. En Galicia, segundo a Xunta, son máis de 7 mil entidades e máis de 300 mil persoas, entre socios e asalariados, os que integran o mundo da economía social, como as 17 firmas de CEGASAL.

 

El Correo Gallego, 12/01/2017

 

 

 

Categorías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará