23 de Maio de 2016

Galicia xa conta con normativa propia sobre economia social

O pasado mércores publicábase no Diario Oficial de Galicia, a Lei 6/2016, de 4 de maio, de economía social de Galicia

Cegasal centros especiais emprego economia social nova lei galegaA economía social engloba ao conxunto de actividades económicas e empresariais que no ámbito privado levan a cabo entidades que perseguen, ou ben o interese colectivo das persoas que o integran, ou ben o interese xeral económico ou social, ou ambos, mostrándose día a día como un actor fundamental no desenvolvemento da sociedade actual.

A importancia que adquiriu a economía social nas últimas décadas levou hai 5 anos a publicación en España dun marco xurídico común para o conxunto das entidades integradas na economía social, ademais de establecer medidas de fomento da economía a favor das mesmas.

Desde o pasado mes de outubro foron declarados como entidades entidades prestadoras de servizos de interese económico xeneral aos centros especiais de emprego e ás empresas de inserción. Un recoñecemento como fonte de creación de emprego para aquelas persoas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral.

Entidades tales como as sociedades cooperativas galegas, as mutualidades, as fundacións e asociacións que levan a cabo actividade económica, as sociedades laborais, empresas de inserción, os centros especiais de emprego, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación, as comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común así como as entidades singulares creadas especificamente e rexidas polos valores e principios orientadores da economía social sempre que desenvolvan unha actividade económica e empresarial, forman parte da economia social.

Galicia incorpora coa norma publicada a necesidade de elaborar e manter actualizado o catálogo galego de entidades da economía social que será público e non terá carácter constitutivo. E establece para os próximos meses a elaboración do  Plan galego de impulso das entidades da economía social con especial atención ás de singular arraigo na súa contorna e ás que xeren emprego nos sectores máis desfavorecidos.

A través desta norma, os centros especiais de emprego veranse representados no Consello da Economía Social de Galicia, por unha persoa a proposta da entidade máis representativa, e foméntase a informatización dos procedementos relativos aos rexistros administrativos de centros especiais de emprego con medios telemáticos.

A norma publicada incorpora ademais a modificación de varias normativas de cara a adaptalas á Directiva europea realtivo a servizos no mercado interior, sendo as máis destacables, a que afecta á lei de cooperativas e a lei de servizos sociais.

A entrada en vigor da norma galega prevese aos 20 días da súa publicación no diario oficial.

Categorías

Deixa unha resposta