18 de Xuño de 2018

Informativos Fin de Semana da TVG e O Progreso, premios Cegasal de xornalismo

• O xurado, composto por profesionais da comunicación e o presidente de  Cegasal, decidiu esta semana os galardóns, que se entregarán o próximo día 28 de xuño no transcurso dunha gala celebrada en Santiago de Compostela.

• Sabela  Corbelle, redactora do Progreso, e  Jéssica Pintor e Rubén  Milego, redactora e cámara, respectivamente, de Informativos Fin de Semana da TVG, foron os gañadores este ano nas dúas categorías do premio.

• A gala contará coa presenza do conselleiro de Economía,  Emprego e Industria, Francisco Conde.

 

Vicedecano Colexio Xornalistas y presidente de Cegasal

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2018. O diario O Progreso de Lugo e Informativos Fin de Semana da TVG foron elixidos gañadores da segunda edición do Premio  Cegasal de Xornalismo á Mellor Información de Economía Social, cada medio nunha das dúas categorías que se  instituyeron este ano: prensa escrita/dixitais e televisión/radio. Os traballos presentados por Sabela  Corbelle (O Progreso) e  Jéssica Pintor e Rubén  Milego (TVG) obtiveron o galardón convocado pola Asociación Empresarial  Galega de Centros  Especiais de  Emprego  sen Ánimo de Lucro, en colaboración co  Colexio de  Xornalistas de Galicia.
O xurado tivo en conta á hora de emitir o seu veredicto a habilidade destes xornalistas para dar visibilidade ás persoas con discapacidade, mostrando as dificultades e retos cos que se enfrontan á hora de optar ao mercado laboral, sen caer en  paternalismos nin  victimismos.

Así mesmo, contribuíron cos seus traballos para explicar o labor que desenvolven  os centros especiais de emprego de iniciativa social sen ánimo de lucro que conforman  Cegasal.
A reportaxe realizada por Sabela  Corbelle, “Vinte anos creando valor humano”, publicado no diario O Progreso de Lugo o pasado 22 de abril de 2018, pon o foco nun dos centros de  Cegasal,   Grafinco,  e dá voz a varios dos seus  traballadores con discapacidade, que explican o que supón para eles “dispoñer dun emprego estable que lles permita ser un máis na sociedade”. Neste sentido, o xurado valorou a súa capacidade de humanizar a actualidade para dotar de normalidade tales empregos.
Pola súa banda,  Jéssica Pintor e Rubén Mielgo, redactora e cámara de Informativos Fin de Semana da TVG, presentaron un traballo que profundaba nos importantes cambios que introduce a nova Lei de Contratación Pública para as persoas con discapacidade en idade laboral. Para iso, personalizaron a reportaxe co testemuño de Manuel Ríos, traballador de  Trameve, que explicou o seu día a día e que supuxo para el atopar un traballo no que sentirse realizado. Ese proceso de normalización quedou acentuado cando a propia xornalista fixo visible a súa “discapacidade”, destacando as “diferentes capacidades” de cada persoa: “En Galicia,  preto  dunhas 232.000  persoas  temos un certificado de  discapacidade superior  ao 33%. Coma  min e  outros  moitos, Manuel Ríos  leva  unha vida totalmente autónoma,  independente e conduce un coche…”.
A gala de entrega de premios terá lugar o próximo día 28 de xuño no Hotel Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, e contará coa presenza do conselleiro de Economía,  Emprego e Industria, Francisco Conde, entre outras autoridades, así como representantes do tecido empresarial galego e dos centros especiais de emprego que conforman  Cegasal.

 

Categorías

Os comentarios están pechados.