03 de Maio de 2016

José Antonio Vázquez reúnese con Juan Güell para concretar detalles do próximo evento

A organización sen ánimo de lucro que dirixe José Antonio Vázquez presentará a oferta de servizos aos empresarios da provincia de Pontevedra, nun xantar de traballo que conta co apoio e respaldo do Círculo de Empresarios de Galicia

Reunion con Circulo Vigo O obxectivo deste evento será presentar a oferta de servizos que ofrecen as 17 empresas que compoñen a asociación e por en valor as capacidades e o traballo realizado por parte de persoas con discapacidade inseridas no mercado protexido.

Na organización desta xornada, con formato de xantar de traballo, colabora o Círculo de Empresarios de Galicia, cuxo presidente, Juan Güell, mostrou o seu apoio e respaldo a esta iniciativa  e ao labor que realiza Cegasal no ámbito da economía social na comunidade galega.

Na reunión acordaron realizar unha convocatoria conxunta para lograr o respaldo do maior número de empresarios posible, tal e como sucedeu en anteriores encontros na Coruña e Santiago de Compostela.

Este evento enmárcase dentro do programa de promoción de centros especiais de emprego que conta con financiamento procedente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do apoio a entidades asociativas de centros especiais de emprego.

Categorías

Deixa unha resposta