14 de Abril de 2016

Máis de 120 empresas presentes no Encontro empresarial “Multiplicar resultados aproveitando fortalezas”

Almuerzo trabajo 13 abril SantiagoO encontro empresarial celebrado onte mércores 13 de abril en Santiago, reuniu a máis de 120 empresas que tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a oferta dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro asociados, así como os medios existentes para fomentar o emprego das persoas con discapacidade.

O evento contou coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria ou o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia e doutras patronais empresariais da comunidade, ademais de representantes doutras institucións como a universidade e entidades sociais.

O xantar de traballo organizado en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, cuxo representante alegaba que a importancia de colaborar con empresas do perfil das asociadas a Cegasal, pois ofrecen unha oportunidade para mellorar a inserción laboral das persoas con discapacidade e as empresas deben aproveitalas.

13 abril Conselleiro Economia Fco.Conde y CegasalPola súa parte o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde rsalzou o papel dos centros especiais de emprego en xerar un camiño de inclusión e para o cal se dotou a través da Axenda 2020 para o emprego, unha partida económica propia de 25 millóns de euros nos que está incluída a inclusión das persoas con discapacidade no emprego.

José Antonio Vázquez Freire, lembrou que a través da contratación de bens e servizos aos centros especiais de emprego, está a facilitarse o cumprimento alternativo da cota do 2% de reserva de emprego para persoas con discapacidade, así como tamén se apoia o mantemento dos 792 empregos que se xeran nos 17 centros especiais de emprego asociados.

O evento tivo impacto en varios medios de comunicación como O Correo galego, Expansión ou Atlántico diario,  entre outros, ademais dos medios internos existentes na organización, e poden ser consultados no apartado Sala de prensa.

Cegasal prevé a organización dun evento de similares características en Vigo para facilitar o acceso á información exposta entre as empresas de Vigo e a súa área de influencia.

Categorías

Deixa unha resposta