25 de Outubro de 2016

Manual de RSE nas entidades de economía social

A Subdirección Xeral de Economía Social edita este manual que é un dos principais resultados do programa de difusión e formación en materia de RSE en entidades de economía social.

manual-rseO manual xa foi presentado na Cidade da Cultura en Santiago, nun acto inaugurado pola Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús e ao cal asistiu o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire.

Este manual ten como obxectivo facilitar a comprensión dos principais estándares e referencias en materia de RSE, axudando á posta en marcha de actuacións responsables e estratexicamente competitivas por parte das entidades que conforman o sector da economía social en Galicia.

A Lei de Economía Social de Galicia recoñece, como xa fixese a lexislación estatal, a consideración dos centros especiais de emprego como entidades que pertence á economía social.

Categorías

Deixa unha resposta