03 de Decembro de 2019

Nos últimos doce anos duplicáronse os contratos para persoas con discapacidade

Aínda que segue  existindo unha brecha laboral neste segmento de poboación,  podemos falar dunha evolución positiva no emprego das persoas con discapacidade,  que alcanzan unha maior participación no mercado de traballo, contribuíndo deste xeito á economía e desenvolvemento do país.
En España rexístranse 1.860.600 persoas con discapacidade en idade activa, cunha maior presenza masculina (57,5%). Con todo, a desigualdade móstrase con cifras: a taxa de paro do colectivo sitúase máis de 9 puntos por encima da do resto da poboación.

Odismet permítenos coñecer un colectivo que representa o 6% da forza de traballo do país, e aproveita o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas), que se celebra hoxe, 3 de decembro, para lembrar que os datos sobre a realidade das persoas con discapacidade en España permiten mellorar  a súa calidade de vida e velar polos seus dereitos, así como concienciar sobre a súa situación en todas as esferas e organismos da vida política, social, económica e cultural.

Categorías
,

Os comentarios están pechados.