28 de Xaneiro de 2016

O centro especial de emprego Aixiña recibirá a visita da Secretaria Xeral de Emprego

José Antonio Vázquez recibirá á Secretaria Xeral de Emprego Covadonga Toca Carús, na visita institucional ao centro especial de emprego

A organización desta visita enmárcase dentro das actividades que Cegasal propón para este ano no marco do programa de promoción de centros especiais de emprego, para dar a coñecer e visibilizar o traballo que se realiza nestas iniciativas.

Iniciamos a actuación coa visita da Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús que se mostrou interesada en ver como se traballa no centro especial de emprego Aixiña, membro de Cegasal, a través de actividades como a restauración mediante a elaboración de menús co servizo de cátering ou a prestación de servizos da cafetería, ou actividades variadas como a personalización de trofeos, a clasificación de perchas ou a venda de artesanía.

Aixiña foi cualificada como centro especial de emprego no ano 1992 e actualmente conta con 82 profesionais, dos cales 46 son mulleres.

Data da visita: mañá venres, 29 de xaneiro de 2016

Lugar: Aixiña (rúa Recaredo Paz, 1- Ourense)

Hora: 12:00 horas

cociña Aixiñapublicidade actividade incorporada a programaTR358B 2016_001

Categorías

Deixa unha resposta