26 de Xullo de 2016

O concello de Malpica contrata coa UTE Máis Porvir-Combina Social a prestación de servizos públicos

Dúas persoas con discapacidade física, que forman parte do persoal das empresas de economía social Máis Porvir e Combina Social, comezaron a traballar como conserxes no CEIP Milladoiro e no pavillón polideportivo de Malpica, despois de que o goberno municipal volvera a dar exemplo, apostando pola contratación de persoas con diversidade funcional.

O contrato terá unha vixencia dun ano, prorrogable por outro, e permitirá a inserción laboral de dúas persoas con discapacidade física, ademais dun terceiro traballador para substitucións.

 

Diario de Bergantiños, 22/07/2016

Categorías

Deixa unha resposta